Educación
Documentos

Novas

Rachando o silencio imposto na historia da arte
Whatsapp: Rachando o silencio imposto na historia da arte

Charla no C.C. Cultural Lustres Rivas o vindeiro xoves 6 de marzo ás 19:00 h

Iconas da Arte de todos os tempos e postergadas cara o futuro como as “musas” das magníficas obras asinadas polos máis estupendos mestres, as mulleres; deusas, virxes ou adúlteras, damas da alta sociedade ou prostitutas, vestidas e sobre todo espidas; enchen a Historia da Arte e os espazos dos grandes e pequenos museos mais son moi poucas as que asinan as obras custodiadas neles.

Vítimas da discriminación sexista do sistema e da súa historia; escrita desde a desigualdade de xénero que creou a visión universal, aínda imperante hoxe en día que sostén a ideoloxía patriarcal e o seu relato artístico; as mulleres creadoras e as súas creacións ficaron menosprezadas e silenciadas por unha violenta política de ocultación sistemática, afirmando con ela a dominación masculina da arte e creando unha falsa identidade entre creatividade, cultura, beleza, verdade, masculinidade e “xenialidade”.