null Campaña da Neve 2025. Resultado do sorteo dos participantes.
Campaña da Neve 2025. Resultado do sorteo dos participantes.
Whatsapp: Campaña da Neve 2025. Resultado do sorteo dos participantes.

A Deputación da Coruña, ven de conceder 14 prazas ao Concello de Ribeira, para participar na “Campaña da Neve 2025”

Resultado do sorteo dos participantes: https://bit.ly/3OKR9kq

As persoas participantes neste programa gozarán de 4 días con aloxamento e manutención, nun albergue a pé de pista, contarán con cursos de esquí e actividades complementarias na estación invernal de Valgrande-Pajares (Asturias).

DESTINATARIOS: Nenos e nenas, de 11 a 15 anos inclusive cumpridos a 31 de decembro de 2024. Terán preferencia a rapazada que non participase en ningunha Campaña de Neve da Deputación.

INCLÚE: Transporte, estadía e manutención na estación invernal de Valgrande-Pajares, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

A cota de inscrición é de 85 € (oitenta e cinco euros).

Nesta “Campaña da neve 2025” ao Concello de RIBEIRA correspóndenlle 14 prazas na 5ª quenda a cal transcorre dende os días 7 ao 10 de febreiro.

No suposto de ter máis solicitudes que prazas concedidas pola Deputación, realizarase un sorteo público diante do secretario/a do concello para adxudicar estas.

Para calquera aclaración relacionada co programa, poden poñerse en contacto co departamento de deportes da Deputación en deportes@dacoruna.gal ou o teléfono 981080319

Documentos