null A exposición do certame Isaac Díaz Pardo das Artes recala en Ribeira
A exposición do certame Isaac Díaz Pardo das Artes recala en Ribeira
Whatsapp: A exposición do certame Isaac Díaz Pardo das Artes recala en Ribeira

O rexedor, Luís Pérez encargouse da inauguración da exposición.
A sala do Centro Cultural Lustres Rivas inaugurou unha nova exposición. Desta volta para presentar a mostra promovida pola Deputación da Coruña correspondente ao décimo oitavo certame Isaac Díaz Pardo de Artes Plásticas e que se estará aberta ao público do 4 ao 18 de decembro.

Un concurso artístico de referencia a nivel galego xa consolidado e que ten como fin impulsar as creacións dos artistas da nosa comunidade e ao tempo poñer en valor a nosa cultura, facendo un chamamento ás voces artísticas consolidadas pero tamén ás emerxentes. Ademais é un certame que leva o nome de Isaac Díaz Pardo, o noso grande artista galego.

Nesta edición o xurado escolleu 17 pezas de videocreación, instalacións audiovisuais, fotografía, escultura, gravado e outras formas de expresión artística. Entre elas está ‘erre melón’, do fonsagradino Berio Molina Quiroga, escollida como gañadora por unanimidade. Unha peza en vídeo que reflexiona sobre a linguaxe e as formas de comunicación que se sitúan fóra
do normativizado.

Estamos polo tanto ante unha mostra que é a oportunidade perfecta para dar a coñecer as mellores creacións artísticas do momento e por iso convidamos á veciñanza a visitala pois a entrada é gratuíta, co horario habitual de luns a venres mañá e tarde e sábados pola mañá. Antes de rematar tamén é de agradecer á Deputación da Coruña a súa aposta unha vez máis por incluír ao Concello de Ribeira na itinerancia das súas exposicións.