A área de cultura ten o cometido de promover, incentivar, deseñar e realizar proxectos culturais dende calquera ámbito.
Para conseguir este obxectivo a Concellería organiza unha diversa programación cultural ao longo de todo o ano que se desenvolve nas distintas instalacións municipais coas que conta: Centro Cultural Lustres Rivas, auditorio, casas da cultura, centros sociais, e tamén ao ar libre, ofrecendo un amplo calendario de festivais, concertos, mostras de teatro, conferencias, obradoiros, concursos literarios como o Certame de Novela Curta “Cidade Centenaria de Ribeira”, exposicións, etc. tratando de abarcar todo tipo de manifestacións artísticas co fin de chegar a toda a cidadanía. Ademais mantén relacións de colaboración con outras institucións e organismos para a realización conxunta de ciclos culturais, así como co tecido económico e sociocultural do municipio representado nun bo número de entidades sociais, culturais e comerciais.
Dende este departamento xestiónanse non só as propostas culturais, senón tamén a organización da escola municipal de teatro infantil, o grupo municipal de Teatro e a coral polifónica municipal así como a organización e coordinación dos festexos do municipio.