El Combo Dominicano actuará o 23 maio na Festa da Xuventude de Aguiño 
Whatsapp: El Combo Dominicano actuará o 23 maio na Festa da Xuventude de Aguiño 

· Unha nova comisión con experiencia encabezada por Julio Abraldes retomará os mandos da Comisión. 

· A nova Comisión xa está traballando de cara ás citas do verán 

 

Ribeira 25 de marzo de 2025. 

Hoxe fíxose unha dobre presentación, por unha banda, a futura Comisión de Festas de Aguiño que collerá o testigo da actual, e por outra, a presentación da Festa da Xuventude de Aguiño que terá lugar o vindeiro 23 de maio. 

Á presentación acudiron, o tenente de alcalde, Vicente Mariño, o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta, o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes, o in pectore novo presidente da Comisión de Festas de Aguiño, Julio Abraldes, o promotor local de Curotiña Eventos, José Antonio Fernández, máis as compoñentes da Comisión, Teresa Sampedro, Pamela Sampedro e Pilar Millet. 

Abriu o acto Mariño de Bricio agradecendo o labor da anterior Comisión de Festas de Aguiño, “o agradecemento por estes anos de servizo e traballo, sabemos que non é unha tarefa doada pero foron quen de traballar arreo durante anos organizando festas e dende aquí todo o noso agradecemento e respecto en nome do Goberno Municipal”. 

Mariño quixo apelar á resiliencia do pobo de Aguiño, “síntome orgulloso da fortaleza, da tenacidade dos veciños da miña parroquia; que cando o necesita se mobiliza”. Tamén tivo palabras de agradecemento para “Julio e a os 24 integrantes da comisión porque todo isto se fai de maneira altruísta e que ten o seu costo en tempo e a nivel familiar”. 

Julio Abraldes sinalou que “dado o problema de que a comisión dimitía; eu, que xa fun cinco anos presidente da Comisión de Festas, xurdiume a responsabilidade de non permitir que Aguiño se quedara sen as Festas do Carme, a miña sorpresa foi que no momento de chamar aos compañeiros e compañeiras que me acompañaron fai 14 anos; dos vinte que chamei viñeron 

19 porque un faleceu”. Julio agradeceu tamén “o traballo da anterior Comisión de Festas da que se está á espera de cumprimentar os trámites legais” 

Julio ten unha boa e visionaria experiencia xa que foi durante a súa presidencia cando se crearon as Festas da Xuventude xunto coa Festa da Navalla. 

Suárez-Puerta agradeceu o traballo da anterior comisión, “fixo ata de agora un traballo moi bo do que estamos moi agradecidos”. Tamén agradeceu ao pobo de Aguiño pola celeridade na consecución da nova Comisión, “xa que non fomos a buscar a ninguén e foi o propio pobo o que se puxo a organizar o que vai a ser a Comisión de Festas máis numerosa do Municipio” 

Para finalizar Fernández da promotora Curotiña indicou que xestionan a contratación de El Combo Dominicano ao completo e un Festival de Dj´s con Dumore e Dj Enter que conformarán un cartel de primeira para a Festa da Xuventude. Finalmente agradeceu á futura comisión e ao concello porque “fagan que isto sexa posible”