PROGRAMA DE AXUDA NO FOGAR E ATENCIÓN Á DEPENDENCIA – SAD

 

O servizo de axuda no fogar é o conxunto de servizos de atención domiciliaria, dende unha perspectiva integral e normalizadora, para persoas con autonomía limitada ou en casos de desestruturación familiar.

Obxecto do programa:

Promover o benestar das persoas maiores, persoas con limitacións de autonomía, con discapacidade e dependentes, a través de:

Información e asesoramento dos recursos específicos de dependencia e promoción da autonomía persoal.

Xestión de prestacións específicas para estes colectivos.

Seguimento dos recursos e prestacións.

Facilitar o acceso ao sistema público de atención á dependencia.

TIPOLOXIA DE ACCESO AO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR: ACCESO AO PROGRAMA

 • Persoas valoradas pola Lei de Dependencia: Recoñecer o grao e nivel de dependencia e como ser un recurso idóneo ou de substitución para a Axuda a Domicilio.

• SAFMunicipal ou  por libre concurrencia: Valoración de Servizos Sociais Comunitarios segundo ordenanza municipal.

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS :

  1. Proxecto de  Axudas Técnicas e Materiais.
  1. Actuacions de  apoio á formación de coidadores.
  2. Servizo de Teleasistencia
  3. Servizo de Xantar na Casa

PERSOAS DESTINATARIAS :

• Persoas maiores, con certo grao de dependencia, que non dispoñen de ninguén que lles coide adecuadamente.

• Familias ou persoas con disfuncións que poidan ser susceptibles dunha atención domiciliaria adecuada.

 • Persoas con diversidade funcional que poidan beneficiarse da súa autonomía.

 • Os menores con pais ou titores ausentes ou cando estes, por causas suficientemente xustificadas, non poidan exercer as súas funcións.

 • En xeral, cando exista unha situación de abandono social ou familiar, tecnicamente valorada, que xustifique a intervención. Servizos Préstase atención e apoio a domicilio coa realización de tarefas cotiás, coidado persoal, medicación, administración de recursos, xestión de negocios –dentro e fóra do municipio, visitas médicas etc.

PROCEDEMENTO :

  • Servizo de Axuda no Fogar modalidade Dependencia:
    • Documentación:
      • Solicitude:
        • (a través da sede electrónica no seguinte enlace: sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS210A&ano=2025&numpub=1&lang=gl)
        • ou presencial

  • Servizo de axuda no Fogar Libre concurrencia:
    • Documentación:
      • Solicitude.
      • Informe médico anexo 7
      • Tarxeta sanitaria.
      • Ingresos económicos da unidade de convivencia.
      • Saldo a contas á data de mes 12 do ano anterior á solicitude.
      • Certificado de empadroamento e convivencia.

DOCUMENTACION PARA INICIAR SOLICITUDE :

 

NOrmativa E ENLACEs DE INTERESE:

Ø lei 13/2008 de 3 de decembro dos servizos sociais de galicia.

Ø lei 39/2006, de 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.

Ø https://www.ribeira.gal/documents/34600/47806/ordenanza_reguladora+do+servizo+de+axuda+no+fogar.pdf/51410d94-3ac6-a2a1-fa47-8041bbd1d018?t=1607672257610.

  • https://sede.xunta.gal/portada