Sálvora. A traxedia do vapor-correo Santa Isabel.

COÑECE O TEU PARQUE NACIONAL XORNADAS DE DIVULGACIÓN Á CIDADANÍA

Sálvora. A traxedia do vapor-correo Santa Isabel.
Memoria do naufraxio do Titanic galego

O Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (PNMTIAG) anuncia unha nova xornada na que poderás coñecer, polo miúdo, que aconteceu na traxedia do vapor-correo Santa Isabel.
Na ría de Arousa atópase o arquipélago de Sálvora, que forma parte do PNMTIAG. Este arquipélago tamén está formado por illas máis pequenas como Noro, Vionta ou Sagres e por multitude de pequenos
illotes menores e baixos que dificultan a navegación. Un deses baixos, Pedra da Pegar, é tristemente famoso por ser o lugar onde embarrancou o Santa Isabel.

Nesta charla, da man do cronista oficial de Ribeira, Xosé María Fernández Pazos afondaremos no relato dos feitos, as emocións e as vidas dos que estiveron involucrados na catástrofe.


Lugar: Sala Polivalente do Auditorio (novo). Ribeira. A Coruña.
Obxectivos: Divulgar o acontecido na traxedia do Santa Isabel. Proporcionar datos relevantes e de interese histórico obtidos nas investigacións do naufraxio.
Relator: Xosé María Fernández Pazos. Cronista Oficial de Ribeira. Historiador e xornalista.
Data e horario: Venres. 15 de novembro. 19:30 a 20:30
Prazas: ata completar aforo (120 persoas)

Sálvora. A traxedia do vapor-correo Santa Isabel.
Localización
Sala polivalente do Auditorio Municipal