Contacontos "Corochas" de Xarope Tulú

As actuacións contacontos regresan unha semana máis ao Centro Cultural Lustres Rivas coa actuación este sábado de Xarope Tulú co seu espectáculo “Corochas”.

Corochas é un espectáculo de pequeno formato dirixido ás persoas máis pequenas da casa (0-6 anos), que combina a narración oral, a manipulación de obxectos e a música. A través do conto acumulativo, da canción e xogo de imitación viaxaremos por diversas paisaxes e coñeceremos personaxes estrafalarias que deben resolver múltiples enredos.

A actividade dará comezo ás 12 horas e está adscrita ao programa de dinamización lingüística da Deputación da Coruña “Lingua a escena”.

Para asistir é preciso facer reserva previa:

  • Por medio dun correo electrónico a normalizacion@ribeira.gal , co nome e apelidos das persoas que vaian asistir e un teléfono de contacto.
  • Por teléfono chamando ao 981835650 de 9 a 14 horas.
Contacontos
Localización
Centro Cultural Lustres Rivas