O vindeiro martes 16 de novembro, dentro do convenio de colaboración entre o Concello de Ribeira e a Asociación Galega de Familias de Acollida, ACOUGO, terá lugar a charla CONTIGO FLORECE, XERANDO CULTURA DE ACOLLEMENTO, coa intención de dar formación e difusión sobre o sistema de protección de menores e concretamente, das familias de acollida, polo que animamos a veciñanza a asistir para informarse sobre esta medida.
Búscase achegarlle á sociedade a realidade das nenas, nenos e adolescentes en situación de desprotección e dar a coñecer o acollemento familiar.
O coloquio está aberto a toda a cidadanía en xeral e transcorrerá no Centro Cultural Linares Rivas as 18:00 do martes 16 de novembro.
Seguiranse as medidas establecidas por mor da COVID-19, polo cal resulta preciso anotarse previamente a través do teléfono de contacto da asociación 622 672 188, enviando un correo a info@acougo.gal ou cumprimentando o formulario de inscripción.