Festas na Parroquia de Olveira

Nesta parroquia abundan as celebracións, pero é de lamentar que no inicio do século XXI non se organizasen. As festas grandes, as patronais, celébranse os días 13, 14 e 15 de Agosto, coincidindo o remate coa xornada festiva na honra de Nosa Señora da Asunción. O primeiro día tamén ten lugar unha procesión pola Virxe do Carme. Ademais, celébranse dúas romaxes, da Virxe dos Dolores o 30 de Abril e e das Angustias, o día da Ascensión; e hónrase tamén a Virxe do Rosario o 8 de Setembro.