Festas na Parroquia de Carreira

As festas de Nosa Señora de A Guía soen abranguer dous días; a aldea vístese de festa pagana pero garda un marcado carácter relixioso e ofícianse misas de 8 da mañá a 1 da tarde - cantada - e durante a tarde ás 6, 7 e 8. As dúas xornadas de festexos son resultados da fusión doutro par de celebracións: o xa mencionado de A Guía e maila festa do Carme. O día do patrón, San Paio, non se vive un grande ambiente de festa nas rúas pero si aumenta a actividade relixiosa, e soen realizarse varias confirmacións, previstas expresamente para ese día.