Festas Patronais de Santa Uxía de Riveira
Celébranse o 12 de Setembro, cunha soa xornada festiva, repleta de actividades e rematada coa actuación estelar dunha grande orquestra. A súa importancia decreceu a medida que as de Agosto gañaban protagonismo, pero agora preténdese revalorar esta festividade da patronal, día non laborable en Riveira.