A festa
Esta peculiarísima e atípica celebración atrae cada verán miles de persoas a Riveira á procura dunha diversión que está de sobra garantida. A Festa da Dorna auna tradición e moderna xuventude. Naceu un 24 de Xullo de 1948, quedando establecido o día grande para o resto da Historia, e fíxo xa coma quen non quere a cousa, grazas a unha panda de compañeiros amigos da troula e da embarcación máis tradicional e básica para o mariñeiro común de Riveira: a dorna. Durante décadas celebrouse un só día, coroado polo baile e o concurso no que un pescador era premiado cunha dorna. Pero a finais dos 80, uns mozos de ánimo inquedo dinamizaron a festa e expandírona ata o que hoxe é: case unha semana de confraternidade entre distintas peñas que participan en numerosos xogos curiosos e se divirten de xeito inesquecible. Esta festa implica unha filosofía que ten moito da identidade de Riveira: unha linguaxe propia, un espírito aberto, hospitalario e participativo e esa diversión tan costeira de "ata que o corpo aguante". Xogos do mar no peirao, xogos de terra na praia, embarcacións feitas á machada, descenso de carrilanas, guateque, queimada, sardiñada, pasarrúas, concerto e un enorme ambiente diúrno e nocturno; Riveira transfórmase coa Dorna e a súa sona traspasa as fronteiras máis afastadas.
Ademais recentemente a Dorna, foi recoñecida como Festa de Interese Turístico con carácter autonómico.
Enlace á Real e Ilustre Cofradía da Dorna
A embarcación
A dorna é unha embarcación emblemática e ligada intimamente ó desenvolvemento económico e social de todo o concello de Riveira. As súas orixes non están moi claras; uns atribúenas ós viquingos, outros ós fenicios e hai quen di que procede dos normandos. O caso é que ata hai ben pouco tempo, era un elemento básico para o sustento familiar. As virtudes deste tipo de embarcación van desde a afiada proa para corta-lo mar ata a popa apirulada que deixa unha estela característica. Os motores, a planeadora, os novos tempos en xeral foron arrecunchando á dorna, que sen embargo gañou espacio na nostalxia e no corazón das xentes do lugar, sobre todo nas casas onde a dorna foi o alicerce de novas xeracións. Agora varias asociacións manteñen viva a dorna, orientada a actividades de lecer e competicións, pero sempre para dignificar e exaltar esta tradicional barca.
Detalles da dorna de vela
Descripción das partes dunha dorna de vela
- 12 . Vara de portar
- 13 . Sorregas
- 14 . Apuño de Sorregas
- 15 . Rizos
- 16 . Badasa
- 17 . Apuño de escota
- 18 . Pinchón ou caperol da proa
- 19 . Espaldón
- 20 . Remadoira
- 21 . Caberna da tosta
- 22 . Ichama
- 23 . Caberna do meo de couso
- 24 . Caberna de couso
- 25 . Caña
- 26 . Temón
- 27 . Femia do temón
- 28 . Agulla ou macho
- 29 . Courel ou Barrote
-
30 . Cinta
- 32 . Proa
-
33 . Roda
- 34 . Furado do bitoque
-
35 . Quilla
-
36 . Táboa de cubrir
-
36 . Táboa de cubrir
- 38 . Táboa do plan
- 39 . Táboa 2ª da quilla ou da voltura
- 40 . Táboa 1ª da quilla ou da voltura