Encontro Multicultural no Parque Periurbano de San Roque

Diversas entidades representativas da comunidade social de Ribeira únense para a celebración o vindeiro sábado 18 de setembro no parque periurbano de San Roque do Primeiro Encontro Multicultural.

Este encontro é unha proposta socio - cultural que nace coa intención de mostrar a cultura e costumes dos diferentes colectivos que conforman a sociedade plural e diversa do noso pobo, e ao mesmo tempo involucrar á sociedade en xeral na creación e conservación do bosque do futuro. Haberá diferentes propostas de actividades enfocadas aos máis pequenos nun medio natural, co medio ambiente como motor da actividade e o fomento de hábitos de consumo saudábeis. Unha merenda popular, actuacións musicais e representación da cultura e costumes dos diferentes colectivos que conforman a pluralidade da sociedade en Ribeira.

Programación do Festival Raíces - Encontro multicultural:

16:00 h. – 19:00 h.:

• Obradoiros infantís.

• Contacontos: Contos da natureza con Troskita

• Romaría aberta (trae a túa merenda)

• Actuación musical: Os Monifates

19:00 h. – 22:00 h. :

• Mostra das nacións

• Actuación final: - Chamaquito Pistolas - Doctor Migraña

Localización
Parque Periurbano de San Roque