Noticias

Curso preparatorio das Competencias Clave da UCA
Whatsapp: Curso preparatorio das Competencias Clave da UCA

Dende o Servizo de Drogodependencias do Concello de Ribeira levarase a cabo un ano máis a preparación das probas para a obtención das Competencias Clave.

Esta formación é totalmente gratuita e está destinada a aquelas persoas que non teñan a ESO e desexen ter o acceso á formación profesional para o emprego a través dos certificados de profesionalidade dando acceso ós obradoiros de emprego promovidos anualmente polo Concello e así poder ter unha melloría laboral.

Os certificados de profesionalidade son o instrumento de acreditación oficial no ámbito da administración laboral.

 

 

Na Comunidade de Galicia as competencias clave que se demandan para os certificados de profesionalidade son tres: comunicación en lingua galega, comunicación en lingua castelán, inglés e matemáticas dependendo da especialidade formativa.

As clases están abertas a toda a Comunidade, a toda a cidadanía, e levaranse a cabo dende outubro ata a data dos exames que soen ser en maio,as clases serán os luns e mércores pola mañá, en dúas quendas, de 9 a 11 ou de 11 a 1 da tarde, seguindo sempre os contidos dos programas oficiais vixentes.

Os exames son soamente un día pola mañá no recinto feiral de Silleda(pola gran demanda) e (normalmente un sábado por cuestións laborais).