null Subvencións a entidades locais para programas de emerxencia social e inclusión social
Subvencións a entidades locais para programas de emerxencia social e inclusión social
Whatsapp: Subvencións a entidades locais para programas de emerxencia social e inclusión social

O Concello de Ribeira conta cunha subvención da Consellería de Política Social e Xuventude, concedida en base á Orde do 6 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades locais para programas de emerxencia social e inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión social para os anos 2023 a 2025, cofinanciadas pola Unión Europea no marco dos programas operativos FSE + Galicia 2021-2027, e se procede a súa convocatoria.

Os programas subvencionados que xa están en marchan son:

ÁREA DE MIGRACIÓNS:

  1. ASESORAMENTO XURÍDICO EN MATERIA DE ESTRANXEIRÍA: asesoramento técnico especializado en materias propias de estranxeiría e asilo a persoas en risco de exclusión ou situación de vulnerabilidade residentes en Ribeira.
    • Obxectivo específico: promover a integración socioeconómica dos nacionais de terceiros países.
    • Resultado agardado: facilitar a inclusión social e laboral da poboación migrante de Ribeira.

ÁREA DE SENFOGARISMO:

  1. PROGRAMA SEN RECUNCHOS: asesoramento e acompañamento social persoalizado encamiñado a mellorar as capacidades e habilidades das persoas sen fogar.

  1. PROGRAMA SENFOGARISMO CERO: Apoio na busca do recurso residencial máis axeitado en cada caso.

    • Obxectivo específico destes dous programas: Fomentar a inclusión activa co obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación activa, e mellorar a empregabilidade, en particular para os colectivos desfavorecidos
    • Resultado agardado: reducir a incidencia do senfogarismo no Concello de Ribeira

 

A estes Servizos profesionais accédese a través dunha valoración e derivación previa das traballadoras sociais municipais correspondentes a cada área.