null

Tahume IX realizou unhas xornadas de emprendemento como peche do Módulo CTRE0003  de Asesoramento para a creación de empresas

O alumnado tivo a fortuna de contar con Rosa de Espazo Coop que expuxo con gran claridade como funcionan as cooperativas e como se forman, amosando unha forma de emprender ao alcance de todos.

Grazas a ela coñeceuse a experiencia dunha cooperativa formada tras un Obradoiro de Emprego adicada ao sector forestal afincada en Boiro que se chama ARREDA SOOP GALEGA.

Moitas gracias a Aitor e Fran por compartir a súa experiencia que foi do máis enriquecedora para o noso alumnado.

Como colofón final, recibimos a visita de Rafa, da Fundación Ronsel que leva xa varios anos colaborando tanto co concello de Ribeira e de Porto de Son asesorando a moreas de persoas que desexan emprender e montar a súa empresa. E nesta xornada demostrou coma sempre que con gañas e esforzo e sobre todo cunha gran idea pódense facer grandes cousas.

 

00

Más entradas de blog