Fonte: O Barbanza
O alumnado do Obradoiro de Emprego Tahume X, impulsado de xeito conxunto polos concellos de Porto do Son e Ribeira, iniciou a súa vertente práctico-laboral nas especialidades de Actividades Auxiliares en Conservación e Mellora de Montes e Traballos de Carpintería e Moble. Segundo informaron os concellos, estes primeiros días de prácticas arrancaron con moita enerxía e cun importante interese por parte das alumnas e alumnos por familiarizárense coas ferramentas e as maquinarias que van empregar para desenvolver as actuacións predeseñadas.
Listaxe de proxectos/obras previstas en Porto do Son neste Obradoiro
– Mantemento das pasarelas de madeira na praia de Coira, Portosín.
– Reparación do peche de madeira do parque infantil da Casa da Cultura de Caamaño.
– Instalación dun peche de madeira para o parque infantil de Nebra.
– Mellora da masa arbórea existente e creación de doutras en zonas desarboradas acorde á súa calidade de estación na parroquia de Miñortos.
– Mellora da masa arbórea existente e creación de doutras en zonas desarboradas acorde á súa calidade de estación no lugar de Trapa, na parroquia de Goiáns.
– Mellora da masa arbórea existente e creación de doutras en zonas desarboradas acorde á súa calidade de estación no lugar de Coira, na parroquia de Goiáns.
– Mellora da masa arbórea existente e creación de doutras en zonas desarboradas acorde á súa calidade de estación no lugar de Arnela, na parroquia de Baroña.
– Mellora da masa arbórea existente e creación de doutras en zonas desarboradas acorde á súa calidade de estación no lugar de Castro, na parroquia de Baroña.
– Mellora da masa arbórea no lugar de Xan Pasal, parroquia de Queiruga.
– Mellora da masa arbórea no lugar de Madanela, parroquia de Ribasieira.
– Mellora da masa arbórea no lugar da Ponte Medieval, parroquia de Xuño
Listaxe de proxectos/obras previstas en Ribeira
– Pasarela de madeira no campo de fútbol do Carreiro en Aguiño
– Renovación dos accesos á pasarela da praia do Castro en Castiñeiras
– Reconstrución da ponte de madeira do río Listres entre Aguiño e Castiñeiras
– Restauración e bancos: Entorno da pasarela da Praia do Castro en Castiñeiras así como outras tarefas en madeira
– Actividades auxiliares en conservación e mellora do Monte de San Roque e do río Pedrín
Este Obradoiro de Emprego Tahume X trátase dun programa mixto de formación e emprego dirixido a mellorar a ocupabilidade e empregabilidade das persoas que actualmente están paradas, e que está subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e promovido polos Concellos de Ribeira e Porto do Son, con dez alumnos de cada unha desas localidades. Ademais, como incentivo, a Xunta de Galicia realiza unha achega de 30.000 euros para fomentar a empresas que contraten a persoas formadas neste obradoiro.
Ademais da formación específica de carpintería e forestal, o alumnado recibirá formación en competencias dixitais, igualdade, medio ambiente, orientación laboral ou autoemprego, entre outras. Por outro lado, o alumnado participante que non estea en posesión da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) recibirá formación específica para a súa preparación e obtención.