“Os poderes públicos garantirán a defensa das persoas consumidoras e usuarias, protexendo, mediante procedementos eficaces, a seguridade, a saúde e os lexítimos intereses económicos das mesmas”.
(Art. 51.1 da Constitución Española)
Levamos máis de 30 anos protexendo os teus intereses, e queremos seguir facéndoo, así que, se aínda non nos coñeces, deixa que te tendamos a nosa man para axudarte a resolver as túas dúbidas e problemas en materia de CONSUMO (banca, seguros, telecomunicacións, electricidade, comercio…).
- Servizo de atención de CONSULTAS: Comparte connosco as dúbidas que te xurdan antes, durante ou con posterioridade á contratación. Estaremos encantados/as de prestarte o asesoramente xurídico que precises.
- Servizo de RECLAMACIÓNS: Ben a través da mediación, da Arbitraxe de Consumo ou da denuncia administrativa (todas elas vías extraxudiciais), tentaremos percurar unha solución aos teus problemas.