Noticias

O mércores día 5 comezan os arranxos na rúa Romero Ortiz de Ribeira
Whatsapp: O mércores día 5 comezan os arranxos na rúa Romero Ortiz de Ribeira

Ribeira, 4 de marzo de 2025

Segundo informan fontes do Goberno a partir de man?a? di?a 5 a brigada de obras vai a comenzar o arranxo do pavimento da ru?a Romero Ortiz e substitui?r as franxas de pedra existentes por formigo?n impreso. Comezarase polas zonas de ru?a ma?is anchas e para facer este traballo sera? necesario cortar un sentido de circulacio?n. A ru?a quedara? en direccio?n subida (cara a? Marti?n) no tramo comprendido entre a rotonda do Maleco?n e o cruzamento coa Ru?a Canteira, Valle-Incla?n e Toxo.

O concelleiro de Obras, Xabier Vidal, detalla que con esta actuacioón preténdese poñer fin, dunha vez por todas, ás rotutas constantes que se producen nas franxas de pedra. “Imos empregar formigón impreso que ten maior resistencia para solucionar este defecto estrutural”. Ademais detallou que se vai tratar de calmar o tráfico coa adopción de medidas como o reforzo da sinalización ou a elevación dalgunha franxa.

Vidal Peón detallou tamén que está previso realizar unha zona de carga e descarga na zona do Malecón para facilitar que os servizos de reparto e particulares teñan onde deixar o coche un tempo e facer recados.

Poderase seguir accedendo aos garaxes e os servizos de transporte como os autobuses están xa avisados pola Policía Local.