O Centro

O Conservatorio de Música Profesional de Ribeira “Enrique Paisal” é un centro de ensinanzas de réxime especial que imparte o Grao Elemental e o Grao Profesional de música. O xérmolo do conservatorio é a Escola de Música que comeza a súa andaina no ano 1979. Posteriormente no 1992, nace o Conservatorio de Ribeira que comeza coma filial do Conservatorio Superior de Música de Santiago (da Sociedade Económica de Amigos del País) ata o ano 1995 e no 2004 publícase no DOGA o decreto 190/2004 polo cal se crea o Conservatorio Profesional de Música
para impartir as ensinanzas de grao elemental e grao profesional. Ten un cadro de quince profesores e profesoras e impártense as especiliadades de violín, viola, violochelo, frauta,  clarinete, saxofón, trompeta, gaita, guitarra e piano.

 

Educación