null “Contacontos ilustrado. Homenaxe a Xosé Vizoso” polo Día da Ilustración no Lustres Rivas
“Contacontos ilustrado. Homenaxe a Xosé Vizoso” polo Día da Ilustración no Lustres Rivas
Whatsapp: “Contacontos ilustrado. Homenaxe a Xosé Vizoso” polo Día da Ilustración no Lustres Rivas

O Día da Ilustración celébrase cada ano cadrando coa data do nacemento de Castelao. Ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano homenaxéase un ilustrador galego. Esta edición de 2025 vai dedicada a Xosé Vizoso, que é o primeiro autor homenaxeado en vida. Vizoso énos ben coñecido, xa veremos como sabemos del moitas cousas, e coñecemos moitas obras, pero ademais con Polo Correo do Vento aprenderemos a facerlle un retrato... Ben, unha caricatura xeitosa! E tamén cantaremos cancións para que sexa a gran festa do debuxo.

 

AVISO IMPORTANTE: Este sábado o contacontos comeza ás 11.00 h

“Contacontos ilustrado. Homenaxe a Xosé Vizoso”. Polo Correo do Vento

Contacontos con música e obradoiro de debuxo para toda a familia (a partir de 3 anos)

Data: Sábado, 01/02/2025

Hora: 11.00 h

Lugar: Centro Cultural Lustres Rivas

Para asistir escribide, por favor, un correo a: normalizacion@ribeira.gal

E haberá regaliños para coma sempre para quen veñades!