null Presentación da XVII edición do “Aula Galega de Saxofón” organizada polo Conservatorio Municipal
Presentación da XVII edición do “Aula Galega de Saxofón” organizada polo Conservatorio Municipal
Whatsapp: Presentación da XVII edición do “Aula Galega de Saxofón” organizada polo Conservatorio Municipal

Ribeira 21 de outubro de 2024

O venres pasado tivo lugar a presentación desta vixésimo sétima edición que xa se converteu nun referente no panorama musical galego.

Á presentación compareceron a concelleira de Educación, Cruz Rivadulla e o profesor de saxofón do Conservatorio, José Fungueiriño que ademais é o coordinador e responsable destes cursos.

Rivadulla salientou o interesante do aula pola súa calidade e as audicións tanto de alumnado como de profesorado que son abertas para toda a veciñanza; “eu persoalmente o vivín o ano pasado e podo dicir que foi fantástico” sinalou aconcelleira.

Hoxe presentouse o primeiro cuatrimestre (de outubro a xaneiro) que vai constar de catro encontros con seis profesores, cinco saxofonistas e un pianista. Este ano o aula vai contar con oito encontros de outubro a maio con saxofonistas que aínda que novos, teñen unha calidade e recoñecemento a nivel nacional e internacional.

Pola outra banda Fungueiriño resaltou que os dous profesores que van a impartir estes cursos foron alumnos dos mesmos; estamos falando de Xabier Casal (que impartirá en outubro e decembro) oriúndo de Santiago e que actualmente traballa no Conservatorio Superior de Música das Illas Baleares e Adrián Pais (impartirá no mes de novembro) oriúndo de Taragoña. Fungueiriño sinalou que “cabe destacar esta faceta do aula que sirve tamén como integradora de antigos alumnos e que fan de modelo para os novos estudantes”, para rematar falou dos grandes intérpretes que se achegarán a este curso: Carlos Ordóñez, Xavier Larsson e Takahiro Mita.

O seminario “Aula Galega de Saxofón” ao igual que o ano pasado vai constar de dous cuatrimestes. É unha actividade que pon ao conservatorio de Ribeira como referente doutras propostas que fora de Galicia se puxeron en marcha o ano pasado.

O alumnado usuario da actividade é na súa maioría estudantes do grao profesional.

Das quince prazas ofertadas, as cales se cubriron todas, seis corresponden a alumando do Conservatorio de Ribeira e as outras nove a outros conservatorios e escolas de música da xeografía galega: Rianxo, Valga, Pontevedra, Santiago, Silleda, Sanxenxo…

En canto a financiamento o “Aula Galega de Saxofón” está sustentada nunha parte polos usuarios, outra parte sae do orzamento do conservatorio e tamén mencionar os colaboradores como Musical Pontevedra, Yamaha e Roi Barros Luthier que tamén foi alumno do aula e que agora fai unha gran labor, ademais de saxofonista, como reparador de saxofóns.