null II Seminario Frautisimamente con André Cebrián
II Seminario Frautisimamente con André Cebrián
Whatsapp: II Seminario Frautisimamente con André Cebrián

Outra das actividades que trae o novo curso é o II Seminario Frautisimamente!.  Nesta ocasión visitaranos @andrecebrian.flute En breve publicamos toda a información de datas e matrículas desta edición. Agardámosvos!

André Cebrián é Frauta Solista da Scottish Chamber Orchestra.

Tralas súas primeiras experiencias en xoves orquestras como a OJSG, a JONDE, a Britten-Pears ou a Gustav Mahler Jugendorchester, en seguida iniciou a súa carreira profesional en orquestras como as Sinfónica de Galicia, Tenerife e Asturias, a Filharmonía de Galicia, a Orquesta de Cadaqués, a Orquesta de la Comunidad Valenciana, a Orchestra Mozart, a Nacional do Porto ou a Staatskapelle Dresden. É convidado regularmente como solista de frauta en orquestras como a BBC Scottish Symphony, Philharmonia Zu?rich, Royal Scottish National Orchestra, Spira Mirabilis, Sinfo?nica de Castilla y Leo?n, Filarmo?nica de Gran Canaria, Sinfo?nica de Barcelona (OBC), Gran Teatro del Liceu, Malaysian Philharmonic ou a Orchestra Leonore.

1º encontro: 26 - 27 de OUTUBRO de 2024

2º encontro: 25 - 26 de XANEIRO de 2025

3º encontro: 9 - 10 - 11 de MAIO de 2025

Opción 1 - Seminario completo para alumnado do centro: 150 €

Opción 2 - Seminario completo para alumnado externo: 168 €

Opción 3 - Só un encontro para alumnado do centro: 56 €

Opción 4 - Só un encontro para alumnado externo: 62 €

Matrícula aberta do 1 ao 7 de outubro Inscricións en auladefrauta.cmusribeira@gmail.com

 

Comparte a súa paixón pola música nos numerosos cursos que realiza por todo o mundo así como coas xoves orquestras ás que acude cada tempada (JONDE, Andalucía, Catalunya, Euskadi, Valencia, Escocia, México…). Entre 2013 e 2020 foi profesor de frauta e música de cámara no Conservatorio Superior de Música de Aragón e actualmente exerce na Academia de Estudios Orquestales da Fundación Baremboim-Said e do Royal Conservatoire of Scotland.

Natural de Santiago de Compostela, comeza os seus estudos musicais na súa cidade natal da man de José Antonio Rey, Luis Soto e Laurent Blaiteau, continua?ndoos ma?is tarde en Pari?s, Salamanca, Madrid, Detmold e Xenebra con profesores como Pablo Sagredo, Ja?nos Ba?lint ou Jacques Zoon.

 

Documentos