Ribeira, 11 de setembro de 2024
Hoxe presentouse o novo curso do Conservatorio Municipal ao que acudiron, a concelleira de Educación, Cruz Rivadulla e o director do Conservatorio, Álvaro López.
Despois do descanso do verán volvemos a comezar coas pilas cargadas un novo curso no Conservatorio de Ribeira. O centro comeza o curso xa coas obras prácticamente rematadas cunha nova envolvente térmica.
O edificio conta cunha cuberta e fachada totalmente remodelada así como unha renovación de toda as ventanas. O interior foi tamén foi pintado na súa totalidade.
En canto á parte académica o conservatorio conta cun plantel de 16 profesoras e profesores cunha oferta educativa ampla con 9 especialidades diferentes. Piano, violín, viola, violochelo, frauta, clarinete, saxofón, trompeta e gaita son os diferentes instrumentos que se poden estudar no noso conservatorio.
Ademáis contamos coa Escola de Música que ten como obxectivo os cativos e cativas de 4 a 7 anos dividos en tres aulas. A aula de música de movemento para nenos e nenas de 4 anos. Iniciación musical para crianzas de 5 e 6 anos e preparatorio para crianzas de 7 anos.
A matrícula para a escola estará aberta dende o vindeiro luns 16 ata cubrir as prazas ofertadas (12 por aula) e o curso comezará o 2 de outubro.
Comezo do curso:
Mércores 11 asignaranse os horarios individuais de intrumento mediante chamada telefónica do seguinte xeito:
17:30 Grao Elemental
18:30 Grao Profesional
O Chamamento farase a partir da letra que saia no sorteo que se fará o mércores aproximadamente as 12:30 da mañá no conservatorio e do cal se enviará video (se alguén quere estar en directo non hai ningún tipo de problema).
(por favor teñan dispoñibles os teléfonos no horario indicado). Faranse ata tres intentos deixando uns minutos entre cada un deles.
*O xoves 12 a partir das 16:30 horas, mediante chamada telefónica tamén, asignarase horario para a materia de piano complementario.
Xoves 12 faremos unha benvida e presentación por titores do seguinte xeito:
17:30 horas, profesorado de piano:
• Juan Carlos Ledo (aula 14)
• Julio César Pereda (aula 8)
• Cristina Sastre (salón)
• Ana Férnandez Gayoso (aula 1)
• Mauricio Vicente (aula 5)
18:00 horas:
• Natalia Rey, violín (aula 14)
• José Fungueiriño, saxofón (aula 8)
• Marité Pérez, viola e piano (aula 5)
• Luis Manuel Abeijón, guitarra (aula 1)
• Ánxela Vidal, gaita (salón)
18:30 horas:
• Álvaro López, trompeta (aula 8)
• Sabela Galbán, frauta (aula 5)
• Ángel Blanco, violonchelo
A estas presentacións pode acudir alumnado así como nais e pais.
Luns 16
A actividade lectiva comezará a semana do luns 16 de setembro. Nesa semana, a primera clase das materias colectivas adicarase, sobre 15-20 minutos ao principio da mesma, para á presentación da asignatura co profesorado á cal poderán asistir pais e nais. Logo da presentación a clase continuará con normalidade xa só co alumnado.
Ese primeiro día o profesorado esperará no hall, pasará lista e logo subirán á aula corresponte.
As presentacións por titores e nas clases colectivas é a primeira vez que o facemos desta maneira buscando empezar o curso dun xeito máis cercano e persoal informando ao alumando e as familias acerca do funcionamento do centro e máis polo miúdo de como se desenrolará a parte lectiva de cada unha das asignaturas.
En canto a actividades que se organizan no centro, continuaremos cos seminarios
- Aula Galega de Saxofón que cumprirá este curso a súa XVII edición, cunha temporalidade mensual de outubro a maio/xuño
- Seminario de Frauta “Frautísimamente” con con tres encontros durante o curso en outubro, xaneiro e maio.
- Seminario de Música Antiga, ao igual que o ano pasado con tres encontros durante o curso.