null A obra “Manuela Rey Is In Da House” inicia un novo periplo en Ribeira
A obra “Manuela Rey Is In Da House” inicia un novo periplo en Ribeira
Whatsapp: A obra “Manuela Rey Is In Da House” inicia un novo periplo en Ribeira

O espectáculo iniciará en Ribeira a xira galega que percorrerá oito cidades durante os vindeiros meses, entre elas A Coruña, Pontevedra, Ourense, Lugo ou Vigo.

 

Ribeira, 16 de abril de 2025 — Á presentación acudiron Antía Alberte, concelleira de Cultura de Ribeira, o director do Centro Dramático Galego, Fran Núñez, que é tamén director do espectáculo desta coprodución do Centro Dramático Galego, Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana, Teatro Nacional São João e Teatro Nacional D. Maria II, coa dirección e dramaturxia de Fran Núñez a partir de textos de Manuela Rey e outros autores, o espectáculo teatral de Manuela Rey Is In Da House terá lugar no auditorio municipal de Ribeira o mércores 30 de abril, ás 21:15 h, véspera do festivo 1 de maio.

Esta obra só se representou en Santiago xunto a catro vilas portuguesas e agora inicia en Ribeira unha nova xira por cidades galegas.

A peza pretende rescatar do esquecemento a Manuela Rey, unha actriz nacida en Mondoñedo que foi entregada con 6 anos de idade a unha compañía itinerante percorrendo varias capitales de provincia e rematando en Portugal, onde se convirtiu en Primeira Actriz do Teatro Nacional D. María II de Lisboa. Pese a que morreu de tuberculose con 23 anos, destacou na súa época como unha gran actriz e escritora, dramaturga que escribiu un texto para catro mulleres, sendo unha das poucas pezas teatrais unicamente para mulleres realizadas no século XIX. A gran descoñecida, a coñecida como "Dama do Lirio" pola súa palidez sairá do esquecemento grazas a esta proposta teatral de gran rigor histórico e documental, fantástica posta e escea e interpretación baixo a dirección de Fran Nuñez, director tamén do CDG.


“A cultura non é só un entretemento, ten que ser unha fiestra para concienciar á xente, facela reflexionar e por en valor o patrimonio cultural, ambiental e tamén o patrimonio de persoas como vén sendo a figura de Manuela Rey” sinalou Antía.
Fran Núñez agradeceu ao concello por acoller a primeira función “desta xira por Galicia”. Núñez falou sobre a dificultade das primeiras funcións, “e máis nun espectáculo deste tipo de moi gran formato”. Tamén falou da vinculación de Ribeira coa obra, “xa que o ano pasado os veciños e veciñas de Ribeira xa a viñeron a ver a Santiago nun autobús e tamén se mandou outro dende Ribeira para vela función en Porto” e rematou, “Ribeira é como vir a casa e fainos moitísima ilusión a todo o equipo porque ver 50 persoas de Ribeira comendo coa dirección de produción do Teatro Nacional São João e celebrando a vida de Manuela Rey, foi das cousas máis bonitas que levamos para casa nisto de vivir do teatro”.


As entradas serán a través de Ataquilla.com de xeito presencial na OAC da Casa do Concello de Ribeira, de 9 a 14 h con tarxeta bancaria e on line en Ataquilla.com a partir do vindeiro luns 21 de abril ás 9 h de xeito simultáneo. O prezo será de 9 € máis gastos de xestión para patio xeral e de 4,95 € máis gasto de xestión para visibilidade reducida, ata completar aforo. O espectáculo está recomendado a partir de 16 anos, ten unha duración de 80 minutos e respecto do dossier hai unicamente un cambio no reparto, unha actriz que por motivos persoais muda por outra, concretamente Mariana Carballal non estará nesta xira ocupando o seu lugar a actriz Mercedes Castro.
Adxunto dossier con todos os datos (reparto, dramaturxia, documentación, produción, dirección etc) así como cartel.