Ribeira, 20 de novembro de 2024
Coa intención de desestacionalizar e dinamizar o comercio e a hostalería de Ribeira, chega a primeira edición de “Toma Castaña”; un roteiro temático co produto estrela do outono que vai a ser cociñado polos diferentes locais participantes.
Á presentación acudiu o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta que se encargou de explicar esta nova iniciativa do outono que promove Turismo de Ribeira. A iniciativa ten como obxectivo enxalzar un produto puramente do outono galego como é a castaña que permite facer unha gran variedade pratos que se poderán degustar o vindeiro venres 22 e sábado 23 nos cinco locais participantes da hostalería de Ribeira:
Beizos Gastrobar “Foie con puré de castañas” Pizzeria D´Vicio “D´elicia de castaña” A Recoveira “Vaia castañazo! ” Chiringuito Pedra Pateira “Delicia de outono! ” e A Caseira “Castañazo”.
Suárez-Puerta insistiu no feito da desestacionalización e seguir traballando nela precisamente nestas datas de menos afluencia e sinalou “conseguir que veciños de toda a comarca e turistas se acheguen a Ribeira e poidan gozar do produto estrela do outono galego e da hostalería local” tamén engadiu que “os petiscos non terán custo algún; a idea é pouco a pouco ir asentando no tempo este tipo de actividades para reforzar a afluencia de xente en tempada baixa”.
Co recente éxito da “Ruta do Lirio” e “Máis que Tapas”, incorpórase ao calendario de roteiros gastronómicos “Toma Castaña” nesta primeira edición