Ribeira 14 de novembro Ribeira conta cunha gran cantidade de mascotas caninas e para que toda a veciñanza interesada en mellorar a educación e condutas dos cans, realízase esta xornada de balde a cargo da asociación Peludonia.
Hoxe presentouse nas instalacións da Casa da Xuventude, onde se vai a impartir a xornada, estas xornadas da man da concelleira de Benestar Animal, Antía Alberte xunto con José Manuel Buceta da asociación Peludonia.
A xornada vaise a impartir o vindeiro 29 de novembro de 17:00 a 20:00 h e para informarse e facer a inscrición haberá que facelo na propia Casa da Xuventude de Ribeira ou escribindo ao correo electrónico xuventude@ribeira.gal.
As xornadas pretenden mellorar a comunicación dende o coñecemento e a comprensión que se acadan cunha comunicación máis fluída, tamén abordaranse a solución de problemas conductuales con adestramento e xogo para corrixilas.
Ensinaranse rutinas de adestramento para gozar do can ao mesmo tempo que se educa, en definitiva; chegar a ese vínculo equilibrado no respecto e o cariño para chegar a ter unha convivencia saña.
A concelleira animou a toda a veciñanza interesada a acudir a esta xornada que será para un máximo de 50 persoas e tamén falou das dinámicas da Casa da Xuventude que está aberta a propostas de asociacións e como non, dos mozos e mozas do concello.
Pola outra banda, José Buceta falou dos temas a desenvolver na xornada e tamén contextualizou sobre a situación dos cánidos “pretendemos concienciar sobre a situación actual, estamos demandando a unha especie un cambio evolutivo; hai vinte anos os cans vivían amarrados nunha cadea e agora lle estamos pedindo que saian tres veces ao día, que se comporten ben, que non ladren para non molestar e que se leven ben con outros cans. Estámoslle pedindo un cambio evolutivo moi grande, un salto evolutivo realmente”.
Buceta para rematar argumentou que dende a asociación teñen un novo método de traballo partindo da base de que o adestramento tradicional se queda corto na actual demanda da sociedade e basean o seu método no coñecemento e no estudo do comportamento canino e pretenden, a parte de concienciar sobre esa educación que é necesaria, levala á práctica nun espazo axeitado que teñen acondicionado na propia asociación