null Ruta de tapas de outono "Toma Castaña” 22 e 23 de novembro de 2024
Ruta de tapas de outono "Toma Castaña” 22 e 23 de novembro de 2024
Whatsapp: Ruta de tapas de outono "Toma Castaña” 22 e 23 de novembro de 2024

Será na fin de semana, os días venres 22 e sábado 23 de novembro en horario libre e darase unha tapa gratuíta con cada consumición.

Participación Dos Locais – Inscrición:

Os locais hostaleiros que queiran participar deberán inscribirse no enderezo electrónico comercio@ribeira.gal ou no telf. 686 58 70 00 como data límite ata o venress 8 de novembro de 2024 ás 23:59 h.

Deberán indicar o nome do establemento participante e da tapa que presentan.

A temática é o Outono e, preferiblemente, baseada no uso da castaña como ingredente principal, dispoñendo neste ámbito os locais participantes de total liberdade creativa.

Material divulgativo:

Aos locais participantes entregaráselle o cartel da ruta de tapas “TOMA CASTAÑA” no cal aparecerán os nomes dos establecementos participantes que formen parte desta ruta e, será publicado, tamén, nas diferentes redes sociais e páxina web do Concello de Ribeira.