Ribeira 27 de xaneiro
O museo atópase na vangarda en canto a calidade das exposicións e tamén nos obradoiros que se imparten dende o mesmo.
No día de onte, domingo 26, rematou un obradoiro moi especial; a do alcogravado que o é unha técnica de gravado en metal no que se emprega o mordente para crear a matriz. É unha técnica de mancha que proporciona tons e modulacións gráficas e texturales que enriquecen e dan información sobre a configuración das manchas e da súa natureza gráfica. A imaxe créase a pincel aplicando unha solución especial que xera manchas cunha estrutura de puntos. Despois aplícase o proceso que converte a imaxe en matriz obtense, na imaxe estampada o mesmo carácter gráfico co que foi creada. Para iso séguese o proceso de estampaxe tradicional do gravado.
Esta nova técnica foi creada para a tese doutoral do catedrático da Universidade de Salamanca, José Fuentes no ano 1985. O Catedrático viaxou a Ribeira xunto con Antonio Navarro e Isabel Carralero para impartir un obradoiro desta técnica o fin de semana.
A concelleira de Facenda, Herminia Pouso asistiu ao fin de curso onde se interesou pola técnica do alcogravado; entre os participantes había xente de Cáceres, Salamanca, Madrid, Lugo, Pontevedra e A Coruña. Do Barbanza, artistas como Antonio Pérez, Encarna Méndez Hidalgo, Ester Rincón Benzalá. De cataluña: Ramón Grau Sala…
O resultado das creacións aportadas por este obradoiro poderanse ver nunha exposición no propio museo.