Ribeira, 20 de xaneiro.
Dita poxa está publicada no perfil de contratante, na sede electrónica, e no taboleiro de anuncios da web do concello.
Cada licitador poderá presentar proposicións até un máximo de dez (10) prazas de garaxe e rochos que desexe por orde de preferencia, tendo en conta que non poderá ser adxudicatario de máis de dúas prazas de garaxe e dous rochos, salvo que non se presenten outras ofertas ás mesmas.
Unha mesma persoa non poderá presentar, no seu propio nome, máis dunha proposición, xa concorra de forma individual ou de forma conxunta con outras. O incumprimento destaprohibición supoñerá a inadmisión de todas as proposicións por el subscritas.
A venda realízase en concepto de “corpo certo”, de conformidade co disposto no artigo 1.471 do Código Civil, por tanto no seu actual estado xurídico, construtivo, de mantemento e conservación, cuxas circunstancias físicas e xurídicas consideraranse coñecidas polo adxudicatario, polo que non caberá reclamación algunha por razón de diferenzas de superficie, en máis ou en menos, nin como consecuencia de cargas ou outras condicións que lles afecten, coma o estado de conservación, non constituíndo por tanto, causas de impugnación ou resolución da adxudicación.
Obxecto e prazos:
1. Obxecto da poxa: Prazas de garaxe e rochos que se relacionan no Anexo III do PREGO DE CONDICIÓNS.
2. O prazo para a presentación de ofertas será de 45 días naturais a contar desde o día seguinte ao de publicación do anuncio no Perfil do Contratante do concello (ata o día 03/03/2025-23:59 horas).
Modalidade de presentación:
1. De forma telemática: a través do portal de contratación da Xunta de Galicia na dirección web: http://www.conselleriadefacenda.es/silex
As persoas xurídicas e demais entes sinalados no artigo 14.2 da lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas como obrigados a relacionarse electronicamente coa Administración, deberán utilizar este método exclusivamente.
2. No Rexistro Municipal de Entrada do concello sito na seguinte dirección, xa sexa de forma presencial ou por correo (unicamente para persoas físicas non obrigadas a relacionarse electronicamente coa Administración): Concello de Ribeira, Praza dousMariñeiros s/n 15960 – Ribeira (A Coruña)
Nove prazas de garaxe están ubicadas no nº 12 da rúa Xohana Torres e tres prazas no 45-B da Rúa Alcalde Fernández Bermúdez. Os rochos, sete están no edificio 12 de Xohana Torres e os sete restantes no número 44 da Rúa Cristóbal Colón.
A concelleira de Facenda, Herminia Pouso manifestou “que a recadación da poxa adicarase ao finanzamento de investimentos”.
Pola súa banda, o alcalde de Ribeira declarou que "esta iniciativa xorde de comprobar como estas prazas de garaxe e rochos non estaban sendo utilizados pola Administración Local polo que se decidiu poñelos á venda". Segundo informou Pérez Barral, isto permite ao Concello "optimizar os seus recursos e ofrecer á cidadanía a oportunidade de adquirir inmobles a prezos
competitivos. Convidamos a todas as interesadas a participar neste proceso de subasta, que se realizará coa transparencia e equidade necesarias."