Servicio Drogodependencias

Presentación

Somos un servizo público, de dependencia municipal, que aborda o tratamento e a integración social e laboral das persoas con trastornos por dependencia relacionadas co uso de drogas, tanto legais como ilegais, así como conductuais.

Está integrado na  Consellería de Sanidade - Xunta de Galicia dentro da sua rede de servizos asistenciais de Saúde Mental.

A nosa oferta é gratuíta e os nosos principios de actuación baséanse na confidencialidade dos datos e o acceso voluntario ao tratamento.

A nosa vocación é a de servir á comunidade cun talante aberto e dispoñible a todos, teñan ou non problemas coas drogas.

Esforzámonos por ofrecer unha atención de calidade, sen listas de espera e consultas programadas puntuais, tanto aos usuarios directos coma ás súas familias.

Os nosos profesionais contan con una dilatada experiencia profesional (mais de 20 anos) e un amplo recoñecimento á sua labor tanto a nivel nacional como internacional e está formado por médicos psiquiatras especialistas en drogodependencias, psicólogos clínicos, enfermeira especialista en saúde mental, traballadora social, educadores, auxiliar de clínica e de xestión administrativa. Así mesmo por convenio coa Asociación Renacer contamos coa colaboración dunha asesora xurídica.

O Servizo de Drogodependencias de Ribeira conta actualmente con dous dispositivos a través dos cáles desenvolve diferentes programas/actuacións (bio-psico-socio-educativos) que pretenden unha abordaxe integro da patoloxía. Estes dispositivos son: A Unidade Asistencial de Drogodependencias ( U.A.D.) e a Unidade de Día.

Descripción

Inicio de funcionamiento

O 15 de Febreiro de 1993 obtense a AUTORIZACION SANITARIA, así como a AUTORIZACIÓN DE APERTURA E POSTA EN FUNCIONAMENTO da U.A.D.

A Unidade de Dia - Centro de Actividades comenza o seu funcionamento en Outubro de 1994.

Criterios de funcionamiento

Os xerais a calquer dispositivo da rede asistencial galega: gratuidade,  confidencialidade (anonimato) e voluntariedade.

O Servizo realiza a cobertura asistencial da Comarca da Barbanza Sur que comprende os Concellos de Ribeira , Pobra , Boiro e Rianxo.

Así mismo recíbense moitas demandas do Concello de Porto do Son, que ainda que territorialmente corresponde á UPAD de Noia, os seus habitantes teñen unha maior tendencia, por proximidade xeográfica, a dirixirse cara a Ribeira.

A Unidade de Día comprende ademais os municipios da Comarca da Barbanza Norte que asistencialmente dependen da UPAD de Noia:  Porto do Son , Noia, Serra de Outes, Muros, Carnota e Noia.

Modo de contacto

Presencialmente estamos na Rúa dos estudantes, 2. ( Zona dos institutos)

Por vía telefónica chamando o  981 83 56 63

Ó noso mail: drogodependencias@ribeira.gal

A nosa oferta

  • Información, Asesoramento e Acollida danto a doentes como a familiares
  • Diagnóstico de Saude
  • Tratamento Farmacolóxico
  • Seguimento Médico
  • Tratamento de Patolóxias Psiquiátricas Asociadas
  • Coidados de Enfermería
  • Acompañamento a Consultas Especializadas (VIH)
  • Estracción e procesamento de mostras biolóxicas
  • Ponto de vacinación
  • Dispensación supervisada de medicación
  • Psicodiagnóstico
  • Psicoterápia individual e familiar
  • Diagnóstico social
  • Seguimento social
  • Orientación Laboral
  • Integración e seguimento socio-laboral
  • Asesoramento xurídico
  • Orientación e abordaxe educativo
  • Talleres ocupacionais e formativos
  • Actividades de Ocio e Tempo Libre
  • Cursos de Formación especializada
  • Atención especializada a minorias étnicas e culturais
  • Atención especializada a menores 
  • Atención especializada á muller

Mantemos convenios con

  • Tódalas Universidades galegas para a formación de profesionais en prácticas , alumnos de postgrados e cursos de especialización.
  • Co SERGAS por dependencia funcional e para a formación nesta área de médicos e psicólogos residentes.
 
  • Dirección   Rúa dos estudantes, 2. ( Zona dos institutos) Mapa
  • Teléfono   981 83 56 63
  • Correo electrónico   drogodependencias@ribeira.gal
  • clock  

    De Luns a Venres de 8:30 ás 15h