Centro de Información a Muller

O Centro de Información á Muller, é un servizo público e gratuíto que pretende dar resposta para atender ás demandas e necesidades das mulleres do Concello de Ribeira e contorna, de forma individualizada e confidencial proporciona con carácter permanente.

  • Asesoramento e atención xurídica e psicolóxica.
  • Atención xurídica, psicolóxica e asistencial específica para mulleres vítimas de violencia de xénero.
  • Información en materia de recursos.
  • Orientación profesional.
  • Realización de actividades formativas e informativas, cursos, charlas con temas de interese para as mulleres.

O servizo está cofinanciadopolo Fondo Social Europeo e a Secretaría Xeral da Igualdade da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

O equipo está integrado por unha directora – avogada e unha psicóloga.

Como funciona?

Atención telefónica e directa baseada nos principios do anonimato, da confidencialidade e do respecto á vontade das mulleres.

Programación de actividades e campañas de sensibilización para fomentar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e concienciar na necesidade de erradicar toda forma de violencia de xénero.

Servizos

ASESORAMENTO XURÍDICO

  • Dereito de familia (separacións, divorcios, impago de alimentos, dereitos de visitas,…….)
  • Incapacitacións
  • Herdanzas
  • Desafiuzamentos
  • Dereito laboral.
  • Dereito da Seguridade Social
  • Dereito administrativo e xeral.
  • Dereito de estranxeiría.
  • Dereito penal.
  • Tramitación e acceso á xustiza gratuíta.
  • Outras cuestións xurídicas que afecten a mulleres

ATENCIÓN PSICOLÓXICA

  • Asistencia, atención e apoio ás mulleres ou familiares destas en relación a todo tipo de problemas de índole psicolóxica.
  • Apoio e asesoramento en casos de malos tratos, intermediación familiar e de parella.
  • Asesoramento e orientación profesional, información, recursos asistenciais, tempo libre, etc.

VIOLENCIA DE XÉNERO

  • Asesoramento xurídico integral.
  • Asistencia á hora de por unha denuncia.
  • Apoio para tramitación da denuncia e solicitude de Orde de Protección.
  • Información e xestión do acceso á xustiza gratuíta.
  • Asistencia psicolóxica para a muller maltratada, os seus fillos/as, ou dependentes ao cargo.
  • Xestión, se fose necesario, do aloxamento (casa de acollida, centros de día) cando a muller corra perigo.
  • Información e xestión dos recursos dos servizos sociais para estas mulleres.
  • Servizo de teleasistencia móbil para mulleres vítimas de violencia de xénero.

ORGANIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE E DE PREVENCIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Conmemoración do 8 de marzo

O Concello de Ribeira organiza varias actividades con motivo do Día Internacional das Mulleres que se conmemora cada 8 de marzo. En torno a esta data, tradicionalmente, homenaxéase a colectivos de mulleres traballadoras do municipio.

Conmemoración 28 de xuño

Dende o ano 2019, o Concello de Ribeira organiza  actividades de sensibilización con motivo da conmemoración do Día do Orgullo LGTBIQ+.

Conmemoración do 25 de novembro

O Concello de Ribeira elabora cada ano un programa específico de actividades para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.

Obradoiros de autoestima para mulleres

Dende a área psicolóxica do CIM organízanse anualmente obradoiros de autoestima, habilidades sociais e empoderamento para reparación ou prevención da violencia de xénero que afectan ou poidan afectar ás mulleres.

Actividades de sensibilización e prevención

Ao longo do ano realízanse distintas actividades dirixidas á comunidade educativa, ás mulleres en situación de vulnerabilidade e á sociedade en xeral, promovidas polo  propio CIM ou en colaboración con outras entidades.

 

Centro de información a Muller

  • Dirección   Rúa Deán pequeno nº 4, baixo (Edificio Mirador de Padín) 15960 Ribeira Mapa
  • Teléfono   981874131
  • Correo electrónico   cim@ribeira.gal
  • clock  

    Luns de 9:15 a 15:00 horas e de 17:00 a 18:00 horas.

    Martes a venres de 10:00 a 15:00 horas.