Festas na Parroquia de Corrubedo

En 3 días consecutivos hónrase a Virxe do Perpetuo Socorro, a Virxe do Cabo e a Virxe do Carme. Estes 3 días conforman as Festas do Verán en Corrubedo, sempre a comezos de Agosto, aínda que a rebufo das de Santa Uxía. As xornadas festivas comezan con alborada e pasarrúas a cargo dunha banda de música e de gaitas; ó longo das mañás celébrase misa e misa solemne cun coro; tra-la comida, varias actividades deportivas animan as tardes e ás noites chega a verbena cunha ou dúas orquestras. O último día, o grande, tra-la misa de mediodía parte a procesión marítima, que inclúe unha ofrenda mar adentro polos falecidos no mar. Á tarde, outro acto conmemora os mariñeiros finados e á noite os fogos de artificio clausuran de xeito espectacular esta festividade.

Festa do Turista. 15 de Agosto. Día de Santa María da Asunción, Patrona de Corrubedo. Cada ano adícase a un colectivo ou un tema en particular: en 2003 tivo lugar o Día do Neno, co tren chu-chu, inchables, festa da espuma, sardiñada, etc.

Festa do "Cando lle cadra". 18 de Agosto. Ás 12 da mañá celébrase a misa na honra de San Roque, á que lle segue a sesión vermú con música de banda; no serán chega a hora dos famosos espichos de porco ou de atún, que se acompañan de pan e viño ou cervexa. Á noite, a animación continúa coa música dunha banda e unha queimada de balde.

Festa do Facho. 30 de Agosto.

Romaxes de San Roque e Santa Tecla