As Festas do Verán chegan a Castiñeiras a penúltima semana de agosto. Os tres días dedícanse a un patrón particular: o venres ó Corazón de Xesús, o sábado a San Cristóbal e o domingo á Virxe do Carme. A xornada do venres está copada por xogos populares e para nenos, o acto da coroación das raíñas e das damas e o discurso do pregón inaugural, que o pronuncia unha persoa coñecida e destacada na parroquia. Os rapaces gozan dos inchables e da festa da escuma, do karaoke, do touro mecánico e do futbolín humano, todo instalado nas pistas polideportivas de Os Areeiros. O sábado ten lugar a sardiñada, e a misa, ás oito e media do serán, antecede á procesión de vehículos na honra de San Cristóbal. O domingo, día grande, o acto sobranceiro é a procesión marítimo-terrestre, que leva a Santa por mar ata a altura de A Ameixida, onde se realiza a ofrenda floral ós falecidos e se apunta a proa de novo ó peirao de Castiñeiras. As orquestras non faltan á súa cita de cada noite na verbena, no paseo marítimo novo.
Festexos
- Servicios sociales comunitarios
- Deportes
- Centro de Información a la Mujer
- Conservatorio profesional de música
- Escuela Municipal de Ballet
- Cultura y festejos
- Servicio Drogodependencias
- Educación
- Normalización lingüística
- Obras y urbanismo
- Medio Ambiente e Benestar Animal
- OMIC
- Orientación Laboral
- Juventud
Festas na Parroquia de Castiñeiras