Festas na Parroquia de Artes

Os arredor de 800 habitantes da parroquia de San Xulián de Artes celebran as súas festas principais na segunda metade do mes de Xuño. Adoitan homenaxear nos tres días de festividade á Virxe do Carme, ó Corazón de Xesús e a San Antón; non falta a popular sardiñada nin as típicas actividades que teñen lugar en xornadas de festa coma as alboradas, os fogos e as verbenas. Ademais, o verdadeiro patrón de Artes, San Xulián, recibe cumprida homenaxe durante tres días que rondan o 7 de xaneiro, día grande. Estas celebracións son máis humildes e sinxelas, coas actividades máis espaciadas entre as que destacan xogos para nenos e homilías na honra do patrón.