Festa da Dorna

A festa

Esta peculiarísima e atípica celebración atrae cada verán miles de persoas a Riveira á procura dunha diversión que está de sobra garantida. A Festa da Dorna auna tradición e moderna xuventude. Naceu un 24 de Xullo de 1948, quedando establecido o día grande para o resto da Historia, e fíxo xa coma quen non quere a cousa, grazas a unha panda de compañeiros amigos da troula e da embarcación máis tradicional e básica para o mariñeiro común de Riveira: a dorna. Durante décadas celebrouse un só día, coroado polo baile e o concurso no que un pescador era premiado cunha dorna. Pero a finais dos 80, uns mozos de ánimo inquedo dinamizaron a festa e expandírona ata o que hoxe é: case unha semana de confraternidade entre distintas peñas que participan en numerosos xogos curiosos e se divirten de xeito inesquecible. Esta festa implica unha filosofía que ten moito da identidade de Riveira: unha linguaxe propia, un espírito aberto, hospitalario e participativo e esa diversión tan costeira de "ata que o corpo aguante". Xogos do mar no peirao, xogos de terra na praia, embarcacións feitas á machada, descenso de carrilanas, guateque, queimada, sardiñada, pasarrúas, concerto e un enorme ambiente diúrno e nocturno; Riveira transfórmase coa Dorna e a súa sona traspasa as fronteiras máis afastadas.

Ademais recentemente a Dorna, foi recoñecida como Festa de Interese Turístico con carácter autonómico.

Enlace á Real e Ilustre Cofradía da Dorna

A embarcación

A dorna é unha embarcación emblemática e ligada intimamente ó desenvolvemento económico e social de todo o concello de Riveira. As súas orixes non están moi claras; uns atribúenas ós viquingos, outros ós fenicios e hai quen di que procede dos normandos. O caso é que ata hai ben pouco tempo, era un elemento básico para o sustento familiar. As virtudes deste tipo de embarcación van desde a afiada proa para corta-lo mar ata a popa apirulada que deixa unha estela característica. Os motores, a planeadora, os novos tempos en xeral foron arrecunchando á dorna, que sen embargo gañou espacio na nostalxia e no corazón das xentes do lugar, sobre todo nas casas onde a dorna foi o alicerce de novas xeracións. Agora varias asociacións manteñen viva a dorna, orientada a actividades de lecer e competicións, pero sempre para dignificar e exaltar esta tradicional barca.

Detalles da dorna de vela

Descripción das partes dunha dorna de vela

  • 12 .  Vara de portar
  • 13 .  Sorregas
  • 14 .  Apuño de Sorregas
  • 15 .  Rizos
  • 16 .  Badasa
  • 17 .  Apuño de escota
  • 18 .  Pinchón ou caperol da proa
  • 19 .  Espaldón
  • 20 .  Remadoira
  • 21 .  Caberna da tosta
  • 22 .  Ichama
  • 23 .  Caberna do meo de couso
  • 24 .  Caberna de couso
  • 25 .  Caña
  • 26 .  Temón
  • 27 .  Femia do temón
  • 28 .  Agulla ou macho
  • 29 .  Courel ou Barrote
  • 30 .  Cinta

  • 32 .  Proa
  • 33 .  Roda

  • 34 .  Furado do bitoque
  • 35 .  Quilla

  • 36 .  Táboa de cubrir

  • 36 .  Táboa de cubrir

  • 38 .  Táboa do plan
  • 39 .  Táboa 2ª da quilla ou da voltura
  • 40 .  Táboa 1ª da quilla ou da voltura