FACTURACIÓN ELECTRÓNICA AO EXCMO. CONCELLO DE RIBEIRA E/OU AOS SEUS ENTES DEPENDENTES

Punto de entrada de facturas electrónicas do Excmo. Concello de Ribeira e os seus entes dependentes:

Enviar Factura

Consultar facturas con certificado

Consultar facturas sen certificado

Consulta xeral

Información xeral:

Folleto informativo

Descarga gratuíta da aplicación:

Para descargar gratis, desde o Portal WEB do Ministerio de Facenda, o Programa para a xeración da factura electrónica pique no seguinte enlace:

http://www.facturae.gob.es/formato/Paginas/descarga-aplicacion-escritorio.aspx

Datos que deben constar na factura electrónica:

Códigos de Oficina Contable, Órgano Xestor e Unidade de Tramitación da entidade a quen se dirixe a factura: Códigos

Referencia do contrato:

  1. Se factura sobre a base dun contrato subscrito, debe consignar o "Número de Operación" que conste neste.
  2. Se factura por un encargo que lle foi realizado directamente, encontrará o "Número de Operación" no documento de "PROPOSTA DE GASTO ou AD" que lle debeu ser entregado no antedito momento.

Documentos que deben achegarse coa factura electrónica (estes ficheiros xúntanse ao remitir a factura. Ver aquí):

"PROPOSTA DE GASTO ou AD" escaneada en PDF, salvo que facture sobre a base dun contrato subscrito.

Albarás escaneados en PDF, se estes foron xirados.

Datos de contacto:

Para a resolución de calquera dúbida que puidese xurdirlle ao respecto da facturación electrónica ao Excmo. Concello de Ribeira e/ou aos seus entes dependentes, conta cos seguintes medios:

De xeito presencial, no Departamento de Intervención do Excmo. Concello de Ribeira (Praza do concello, s/n, 15960 Ribeira)

Telefónicamente, chamando ao número 981 83 54 17

Vía correo electrónico, a través do seguinte enderezo: registrodefacturas@ribeira.gal