Escuela Municipal de Ballet

Escola Municipal de Ballet

A historia do ballet en Ribeira comeza por mán do Concello, creando a Escola Municipal de ballet no ano 1997.
Grazas ao traballo , dedicación e compromiso firme a Escola experimentou un gran crecemento consolidándose como unha actividade formativa imprescindibel
Actualmente está ao frente a concelleira de educación Cruz Rivadulla Márquez .

A Escola Municipal de Ballet dedícase á formación de afeccionados e á preparación das probas de acceso ós estudos conducentes á titulación daquelas persoas que teñan vocación e aptitudes para esta disciplina.
A finalidade xeral é ofertar unha formación práctica en danza clásica dirixida a afeccionados dende os 7 anos en adiante sen límite de idade.

Actividade formativa de Danza Clásica.

  • Luns a Venres en horario de mañá e de tarde.

Disciplina de Danza Clásica  curso 2024/2025

  • Danza Clásica 1 : 7 a 9 anos.
  • Danza Clasica 2 : 9 a 12 anos.
  • Danza Clásica 3 : 14 a 18 anos.
  • Danza Adultas/ os ( horario de mañá)
  • Danza Adultas/os ( horario de tarde)

Docente da Escola : Mª Cristina Riveiro Ferreirós


PROGRAMACIÓN

  • CLASES ABERTAS PARA PAIS E PÚBLICO EN XERAL. PROYECCIÓNS DANZA
  • ASISTENCIA A MANIFESTACIÓNS ARTÍSTICAS.
  • PREPARACIÓNS PROBAS DE ACCESO.
  • XORNADA DE SENSIBILIZACIÓN DA DANZA.
  • SEMANA DA DANZA. DID
  • CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA DANZA.
  • ACTUACIÓN DE DANZA / CLAUSURA DE CURSO BALLET.
    Realización dunha actuación de danza (1º semana de xuño)
  • OBRADOIRO VERÁN EN DANZA EN XULLO

INFORMACIÓN

PRESCRICIÓN : do 29 de xullo ao 9 de agosto, solicitude por e-mail a

danza@ribeira.gal.

Lugar: aula de Ballet do Conservatorio de Música.

Miguel Rodríguez Bautista s/n

Tlf conservatorio 981 873 204

Tlf directo 981 377 295

MATRÍCULA :  finais de setembro.

  • CURSO DE DANZA De outubro a xuño

( a prescrición non da dereito á praza)

OBXETIVOS

  • Fomenta-lo coñecemento e apreciación da danza, iniciando os nenos, na súa aprendizaxe.
  • Desenvolver unha oferta ampla e diversificada da educación da danza, sen límite de idade.
  • Orientar cara un ensino de carácter profesional cando a vocación e aptitudes así o aconsellen, proporcionando a preparación adecuada para acceder ó dito ensino.
  • Proporcionar unha formación no movemento e na danza sen límite de idade.
 

Educación e Cultura

  • Dirección   Aula de Ballet do Conservatorio de Música “Enrique Paisal “ C/Miguel Rodríguez Bautista nº22 15960 Ribeira – A Coruña Mapa
  • Teléfono   981 87 32 04
  • Correo electrónico   danza@ribeira.gal

Noticias

Por el momento no existen contenidos para esta sección