Escola Infantil Municipal

A Escola Infantil Municipal é un servizo socioeducativo dirixido á poboación infantil de 0 a 3 anos. Pretende, a través dos servizos de asistencia ao centro e outros complementarios, contribuir a conciliación da vida laboral e familiar, así como á igualdade de oportunidades educativas dos nenos e nenas de Ribeira.

INFORMACIÓN SOBRE A MATRÍCULA:

  • PRAZO DE CONFIRMACIÓN DE PRAZAS DO 13 AO 24 DE XUÑO NO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE RIBEIRA. Praza 8 de marzo s/n.
  • SUPERADO ESE PRAZO, AS PRAZAS QUE QUEDEN SEN CONFIRMAR SERÁN CONCEDIDAS A QUEN CORRESPONDA POR ORDE DE LISTAXE DE AGARDA. (Avisarase desde o Departamento de Servizo Sociais unha vez finalizado o prazo de confirmación)
  • PARA A CONFIRMACIÓN DE PRAZA DEBERASE APORTAR DOCUMENTO CON IBAN BANCARIO.

Datos da Escola Infantil Municipal

Ubicación: Rúa Cubeliños, s/n
Teléfonos: 981 835 266

Nº prazas: 169
Xestionada por: AURORA, PILAR Y  ANA S.L.
Directora Pedagóxica: Olalla Ouviña Martínez

¿Quen pode acudir?

Todos os nenos e nenas que figuren empadroados no concello de Ribeira así como os seus pais.
Nenos e nenas que residan noutros concellos pero que os seus pais traballen no concello de Ribeira.

Prazos de solicitude

Existe un prazo durante os meses de marzo e abril para tramitar as solicitudes para o seguinte curso académico. Non obstante, para casos motivados,  o prazo está aberto todo o ano, sendo necesario presentar a solicitude no Rexistro Xeral do Concello duas semanas antes do mes no que se precisa. A documentación a presentar é a seguinte:

  • Impreso de solicitud
  • Fotocopia do Libro de Familia ou Cartilla de Familia numerosa
  • Fotocopia do DNI do pai/nai ou representante legal
  • Declaración da renda do exercizo anterior ou xustificantes de ingresos (neste caso, apórtase declaración ou certificación negativa de facenda dos pais unha vez rematado o prazo legal de presentación, acompañada da última nómina ou declaración xurada de ingresos ou outra documentación que permita comprobar os ingresos da unidade familiar).
  • Certificado de minusvalía e/ou informe médico de enfermidade ou deficiencia alegada polos membros da unidade familiar.
  • Informe do equipo de valoración de minusvalías no caso de prazas de integración.
  • Documentación acreditativa de incidencias (separación, abandono do fogar, desemprego, responsabilidades familiares,...)
  • Informe social, se fose preciso

Horarios

O centro permanece aberto  de 7:30 horas a 21:00 horas de luns a venres, quedando a criterio dos pais a elección do horario que necesiten, tendo en conta as opcións que aparecen no impreso de solicitude e que non poderá exceder as 8 horas diarias.

Outros servizos complementarios

  • Servizo de almorzo, xantar e merenda.

Persoal Educativo

  • Mestras especialistas en educación infantil
  • Técnicos especialistas en xardín de infancia

Características da Escola infantil municipal

  • Situada en zona urbana, cerca de varios colexios.
  • Na actualidade a escola conta con 12 aulas infantís.
  • Aula de usos múltiples e comedor
  • Zona interior de xogos
  • Parque infantil exterior
  • Aparcadoiro

Máis información

Departamento de Servizos Sociais Comunitarios
Edificio Mirador de Padín, s/n
15960 Ribeira ( A Coruña)

Teléfono: 981 873 409

Ou

Escola Infantil
Ubicación: Rúa Cubeliños, s/n
Teléfonos: 981 835 266 / 674 980 736
horario: 11:00 a 13:00h ou 16:00 a 18:00 horas.