Programas
- Servicios sociales comunitarios
- Información General, Horario y Localización
- Novas
- Subvencións
- Escola Infantil Municipal
- Programas
- Servizo de Orientacion Social Inmediata (SOISS)
- Proxecto de información, orientación e asesoramento e xestion de recursos sociais
- Programa Básico de Inclusión Social
- Programa específico de atención a persoas inmigrates
- Programa de axuda no fogar e atención á dependencia – SAD
- Servizo de Educación e Apoio Familiar (SEAF)
- Familia e infancia
- Programa de Fomento da Colaboracion, Solidaridade e Voluntariado social
- Voluntariado Social
- Ligazóns
- Teléfonos de interese
- Normativa municipal
- Deportes
- Centro de Información a la Mujer
- Conservatorio profesional de música
- Escuela Municipal de Ballet
- Cultura y festejos
- Servicio Drogodependencias
- Educación
- Normalización lingüística
- Obras y urbanismo
- Medio Ambiente e Benestar Animal
- OMIC
- Orientación Laboral
- Juventud
PROXECTO DE INFORMACIÓN, ASESORAMENTO E XESTION DE RECURSOS SOCIAIS
Prestacions Social de Información, Orientación e Asesoramento
A través deste servicio proporcionase atencións de carácter informativo e de intervención social, dirixidas á poboación en xeral e a sectores con necesidades especificas, sobre prestacións e servizos do Sistema Público de Servizos Sociais e doutros sistemas de protección social: seguridade social, vivenda, educación, saúde, emprego, administración civil e de xustiza etc.
Proporciónase información específica ás persoas e/ou familias co fin de orientar e asesorar sobre as prestacións e os recursos propios do sistema público de servizos sociais e Información, orientación e asesoramento en materia de dependencia
A información ás persoas usuarias iníciase cunha demanda nas unidades de atención social que xeralmente atenden as/os auxiliares de atención ao cidadán e as traballadoras sociais.
Información do seu interese
- Este programa/servizo ofrece a primeira atención aos cidadáns e ás cidadás a través da axuda profesional que prestan as traballadoras sociais.
- a atención iníciase cunha consulta ou unha demanda de cada persoa coa acollida por un traballador social de referencia. Esta atención é individual ou familiar e ten como finalidade escoitar e analizar a súa demanda, as súas necesidades sociais e mobilizar os recursos dispoñibles máis adecuados a cada situación ou problemática social.
- Toda a información é persoal e /ou familiar e garántese a privacidade, o respecto á intimidade e á capacidade de decisión de cada persoa.
OBXECTO:
- Facilitar información e garantir o dereito de acceso universal ao sistema galego de servizos sociais a todas as persoas.
- Estudar, valorar e avaliar as situacións de necesidade dando acceso e xestionando os recursos propios do sistema de servizos sociais, así como dirixir e orientar, se é o caso, as demandas a outros recursos específicos ou especializados.
A quen vai dirixido?:
A poboación en xeral do concello de Ribeira .
Recursos humanos:
- EQUIPO DE ATENCION SOCIAL formado por equipo estructural : 1traballadora social ,directora e coordinadora do servizo, 2 auxiliares administrativos persoal de atención á ciudadanía , 5 traballadoras sociais, 1 educadora social, 1 psicóloga, 1 pedagogo e 1 Animadora sociocultural, 5 auxiliares de axuda no fogar, 1 psicóloga ademáis de persoal discontinuo para desenvolvemento de proxectos sociais o longo do ano.
RECURSOS MATERIAIS:
Disposición dos requisitos materiais establecidos no art. 7.1 do Decreto 99/2012, do 16 de marzo:
- Espazos separados que permiten a privacidade nas entrevistas e reunións necesarias para a intervención social individualizada
- Espazos de reunións grupais
- Atención adaptada para persoas con mobilidade reducida
- Conexión telefónica e rede de Internet
- Medios e dispositivos para o arquivo e custodia dos expedientes de acordo cos requisitos de confidencialidade da normativa de aplicación sobre protección de datos de carácter persoal
Máis información/NORMATIVA DE REFERENCIA:
Funcións: arts. 8.d), 8.g) e 8.i) do Decreto 99/2012, do 16 de marzo
Programa/servizo: art. 9.1.a) do Decreto 99/2012, do 16 de marzo
Natureza e contido: arts. 11 e 12 do Decreto 99/2012, do 16 de marzo