Educación
Documentos

Noticias

Presentación do I Concurso de debuxo e pintura Montse Noya Vázquez
Whatsapp: Presentación do I Concurso de debuxo e pintura Montse Noya Vázquez

Ribeira 5 de setembro

Na mañá de hoxe presentouse este novo concurso en homenaxe á profesora Montse Noya Vázquez da man da concelleira de Educación, Cruz Rivadulla máis as docentes do CPR Galaxia: Eugenia Garrido, Beatriz Paz, Lola Pérez e Marta Diz.

O alumnado de todos os centros de ensino de Ribeira teñen unha cita coa expresión plástica neste novo certame o I Concurso de debuxo e pintura Montse Noya Vázquez convocado polo CPR Galaxia e o Concello de Ribeira. O Concello apoia a convocatoria para chegar a todos os recunchos de Ribeira e conmemorar a memoria de

Montse Noya como representante de todas as persoas que exercen o maxisterio, a conmemoración do recoñecemento do traballo incansable dos mestres e mestras e a honra da súa memoria.

En palabras do CPR Galaxia esta é a proposta:

Dende o Colexio Galaxia queremos organizar este concurso como homenaxe á nosa querida compañeira Montse Noya Vázquez, que nos deixou de xeito inesperado e á que botaremos sempre en falta. Cos seus murais, enchía o noso colexio e os nosos corazóns de creatividade. Por iso, desexamos compartir e continuar o seu labor transmitindo esa ilusión e facendo partícipes a todos os centros de ensino do concello.

Documentos