Di-Versos, cancións para a diversidade

“Di-Versos, cancións para a diversidade” un pioneiro obradoiro de composicións de cancións promovido polo departamento de Servizos Sociais do concello e levada a cabo polo compositor local, Fernando Pérez, ben coñecido en Ribeira pola súa dilatada traxectoria musical e pioneiro como “xastre de partituras para compoñer cancións e bandas sonoras a medida”.

Neste programa proponse a participación dunha aula de terceiro ciclo de cada centro educativo de ensino primario do concello de Ribeira, na que os/as alumnos/as compoñerán, interpretarán e gravarán unha canción -co asesoramento e acompañamento dun profesional de contrastable capacidade e experiencia-, relativa a calquera tipo de diversidade, sexa cultural ou natural, promovendo valores como: xustiza, liberdade, igualdade, equidade,  comprensión, respecto e/ou apoio mutuo. Cada composición será tamén inserida nun vídeo no que apareza subtitulada a letra e no que, na súa elaboración, debe colaborar o centro de ensino  co profesional que imparte e monitoriza  a actividade, así como na súa posterior divulgación nas webs e redes do centro e do concello. 

Coa implicación e participación activa da propia comunidade na promoción de valores establecidos na declaración universal de dereitos humanos, aprendémonos a ser mellores.

As actividades realizaranse principalmente no primeiro trimestre do ano 2025 e irán orientadas especialmente a alumnos/as do 3º ciclo de primaria, sendo decisión  do centro  a elección do grupo/aula a participar.

Xa está confirmada a participación de CEIP Pluriligüe Frións, CEIP Heroínas de Sálvora de Aguiño, CEIP de Olveira, Ceip Pluriligüe O Grupo de Ribeira, CEP Plurilingüe de Carreira, CEIP Pluriligüe de Artes, Colexio Galaxia de Ribeira, Colexio A Milagrosa de Oleiros, Colexio Sagrado Corazón de Castiñeiras e  Colexio Bayón de Ribeira. Participarán máis de 250 rapaces e rapazas do 3º ciclo de primaria dos centros participantes.


Colexio Galaxia 

 

CEIP Pluriligüe Frións


CPR Pluriligüe La Milagrosa


CEP Pluriligüe de Carreira


CEIP Heroínas de Sálvora de Aguiño


CEIP de Olveira


Colexio Sagrado Corazón de Castiñeiras