Deportes

As competencias principais do departamento de deportes do concello de Ribeira son:

  • Fomentar, promover e difundir o deporte e a actividade física no ámbito local e entre todos os grupos de idade.
  • Construír, xestionar, e manter instalacións de titularidade municipal. Velar pola plena e óptima utilización das mesmas.
  • Fomentar e apoiar a creación de clubs e asociacións deportivas no Concello.
  • Autorizar actividades fora das instalacións deportivas, en terreo público municipal.
  • Organizar campionatos e eventos de carácter local.
  • Calquera outra que vaia en beneficio do desenvolvemento deportivo do Concello.
 

Deportes

  • Dirección   Complexo Deportivo A Fieiteira. Lugar da Fieiteira S/N; 15960 Ribeira Mapa
  • Teléfono   981 87 36 46
  • Correo electrónico   deportes@ribeira.gal