Noticias

Comezo do II Seminario "Frautisimamente” do Conservatorio Municipal
Whatsapp: Comezo do II Seminario "Frautisimamente” do Conservatorio Municipal

Ribeira 23 de outubro de 2024

Hoxe déronse cita no Conservatorio de Ribeira a concelleira de Educación, Cruz Rivadulla
e a profesora de Frauta do Conservatorio, Sabela Galbán para presentar a segunda
edición do seminario “Frautisimamente”.

O seminario constará de tres encontros nos meses de outubro, xaneiro e maio; o primeiro se celebrará esta fin de semana o venres, sábado e domingo: “orixinalmente ía a ser dous días, pero foi tal a demanda da matrícula que xa no primeiro día quedaron sete en lista de espera co cal ampliouse un día máis estes encontros que van a ser impartidos polo célebre André Cebrián que é o frautista da Scottish Chamber Orchestra”, informou a concelleira.


Pola outra banda Sabela comentou que: “xa é un orgullo que se imparta o segundo seminario e que se vaia consolidando, o ano pasado tivemos tres marabillosos frautistas que nos visitaron e este ano considerei oportuno que fose só un para que puidese facer o seguimento durante os tres trimestres do alumnado, neste caso André é un frautista de renome que está levando a súa frauta polo mundo” e engadiu “que é un frautista de Santiago que volve a casa para contar as súas experiencias a nivel musical e persoal ao alumnado matriculado”.

Ao final dos seminarios se fará unha audición aberta ao público.

 


Biografía de André Cebrián


André Cebrián é Frauta Solista da Scottish Chamber Orchestra. Tralas súas
primeiras experiencias en xoves orquestras como a OJSG, a JONDE, a Britten-Pears
ou a Gustav Mahler Jugendorchester, en seguida iniciou a súa carreira profesional en
orquestras como as Sinfónica de Galicia, Tenerife e Asturias, a Filharmonía de
Galicia, a Orquesta de Cadaqués, a Orquesta de la Comunidad Valenciana, a
Orchestra Mozart, a Nacional do Porto ou a Staatskapelle Dresden. É convidado
regularmente como solista de frauta en orquestras como a BBC Scottish Symphony,
Philharmonia Zürich, Royal Scottish National Orchestra, Spira Mirabilis, Sinfónica de
Castilla y León, Filarmónica de Gran Canaria, Sinfónica de Barcelona (OBC), Gran
Teatro del Liceu, Malaysian Philharmonic ou a Orchestra Leonore.
André non é só un experimentado músico de orquestra, senón tamén un apaixonado
da música de cámara. Cada tempada realiza numerosos concertos en festivais por
toda Europa, na súa maioría co Azahar Ensemble, o Natalia Ensemble ou con algún
dos seus proxectos a dúo coa arpista Bleuenn Le Friec, o guitarrista Pedro Mateo
González ou a pianista Irene Alfageme. No 2019 funda o seu propio festival de
cámara, o Festival de Música de Cámara Anguiano (La Rioja).
Como solista actúa periodicamente xunto a orquestras como a Sinfónica de Galicia,
Real Filharmonía de Galicia, Sinfónica de Castilla y León, Orquesta de la Comunidad
de Madrid, Dresden Staatskapelle, Scottish Chamber, Georgian Sinfonietta ou a
Filharmonia Zabrzan?ska, e con directores como Jean-Christophe Spinosi, Maxim
Emelyanychev, Zsolt Nagy, Alejandro Posada, Vladimir Jurowski, Miguel Ángel
Gómez-Martínez, Joana Carneiro, Guillermo García- Calvo, Paul Meyer, Andrew
Manze, Joseph Swensen ou Peter Whelan.
Comparte a súa paixón pola música nos numerosos cursos que realiza por todo o
mundo así como coas xoves orquestras ás que acude cada tempada (JONDE,
Andalucía, Catalunya, Euskadi, Valencia, Escocia, México...). Entre 2013 e 2020 foi
profesor de frauta e música de cámara no Conservatorio Superior de Música de
Aragón e actualmente exerce na Academia de Estudios Orquestales da Fundación
Baremboim-Said e do Royal Conservatoire of Scotland.
André é tamén un recoñecido arranxista. Os seus arranxos son interpretados
regularmente en todo o mundo por orquestras como a Royal Danish National,
Belgrade Philharmonic, Hannover Opera, EUYO, Sinfónica de Heredia, Gauteng
Philharmonic... Alén diso, recibiu encargos da Opéra de la Monnaie, Flemish Opera,
Scottish Chamber, Lois Jeans ou a Casa Real do Reino Unido.
Natural de Santiago de Compostela, comeza os seus estudos musicais na súa
cidade natal da man de José Antonio Rey, Luis Soto e Laurent Blaiteau,
continuándoos máis tarde en París, Salamanca, Madrid, Detmold e Ginebra con
profesores como Pablo Sagredo, János Bálint ou Jacques Zoon