Obras no Centenario: corte dun carril en Rdgz Bautista cara ao CEIP O GRUPO vindo pola rúa Alcalde Bermudez
Seguindo coas obras da Praza do Centenario, martes día 8 de abril comezamos na rúa Miguel Rodríguez Bautista.
Para poder comezar a traballar alí, é necesario cortar un dos carrís, así que imos desviar o tráfico de vehículos lixeiros, en dirección saída de Ribeira, pola Praza do Concello e Rúa Mariño de Rivera (liña verde do mapa).
Como os vehículos pesados non van poder virar na esquina do "Zum" temos que prohibir o seu paso desde a rotonda da Serea (bar Samba).
Si se vai a permitir a circulación dos buses escolares na zona de obra (Rdgz Bautista). Terán persoal da obra sinalando para que poidan pasar.