Día da Lingua Materna
Rematada a festividade do Entroido proseguen as actividades culturais e o Concello de Ribeira vai festexar o Día da Lingua Materna o próximo sábado 4 de marzo cun concerto infantil no Centro Cultural Lustres Rivas.
A actuación, que dará comezo ás 12 do mediodía e está adscrita á programación do Marco de Espectáculo, correrá a cargo de Pablo Díaz coa proposta “Nas túas mans”. Está dirixida a público infantil (de 0 a 12 anos) e familiar.
Para participar é preciso enviar un correo co nome e apelidos dunha persoa adulta acompañante, teléfono de contacto e número de reservas a normalizacion@ribeira.gal