Musical a beneficio da AECC, "A casa das cancións" da cía. Mimarte Ribeira
A compañía Mimarte Ribeira desembarcará este sábado 14 de xaneiro no Auditorio Municipal co seu espectáculo musical “A casa das cancións”, nunha proposta a beneficio da Asociación Española contra o Cancro.
A actuación dará comezo ás 20 horas, con apertura de portas dende trinta minutos antes. A entrada será gratuíta ata encher aforo por orde de chegada.
No transcurso da sesión haberá sorteos e todo o recadado coas rifas será destinado integramente á AECC.
Colabora a Concellería de Cultura de Ribeira.