Inauguración do Belén Municipal e Acendido da Iluminación de Nadal

A partir das sete da tarde deste venres 2 de decembro terá lugar o acto de inauguración do Belén Municipal e posteriormente o acendido da iluminación de Nadal.

A apertura do nacemento terá lugar ás sete da tarde no paseo do Malecón, para dar paso a continuación ao acendido do alumeado na praza do Concello.

Amenizará o evento a charanga Os Celtas de Baña. Ao remate haberá chocolate con churros para os asistentes.

Inauguración do Belén Municipal e Acendido da Iluminación de Nadal
Localización
Paseo do malecón