O Concello de Ribeira vai conmemorar o Día do Libro este sábado 23 de abril cunha sesión contacontos no salón de actos do Centro Cultural Lustres Rivas.
Trátase de “O tranvío Leonardo”, de Fantoches Baj: un espectáculo de narración oral para nenas e nenos con marionetas e música no que se conta a historia do primeiro tranvía a vapor de Galicia.
Ademais do acompañamento de palmas, os cativos e as cativas realizarán coreografías e movementos do corpo en Curvas, Chucurruchú! e na Maturrangaina. Tamén cantarán algúns retrousos do repertorio tradicional como o Trole, o Chucurruchú! e O míudiño. Ou aprenderán a pronunciar o “Trabalínguas” das trísilabas ou a cantar a Maturrangaina, tema que interpretamos cunha cadea de nenas en papel das que se vai restando unha por copla, e na que o público miúdo se exercita en dicir os números en galego do un o dez.
Ao final da función agasallarase cun recortable a cada asistente para que poida xogar e cantar con el na casa. Ademais, regalarase un libro a cada participante.
Reservas
A xente interesada pode reservar os seus asentos enviando un correo cos nomes e apelidos dos participantes e un teléfono de contacto a normalizacion@ribeira.gal